REPRESENTANTES E ACOMPAÑANTES 2026


Queridos betanceiros e betanceiras,
Representar as Festas de San Roque 2026 xunto cos meus acompañantes é unha das maiores honras da miña vida. Medrei vivindo estas festas con ilusión, aprendendo que son parte da nosa historia, da nosa cultura, da nosa identidade e da nosa peculiar forma de entender Betanzos.
Cada agosto, a cidade énchese de emoción cando o noso querido Globo de San Roque alumea o ceo, os Caneiros fan medrar o río de música, alegría e viño, repenique de campás, mámoras e cabezudos, danzas e alboradas… e as rúas e as casas convértense no punto de encontro de familias, amizades e xeracións enteiras que comparten unha mesma ilusión. Son tradicións que nos unen, crean lembranzas inesquecibles que fan que, esteamos onde esteamos, Betanzos siga sendo sempre o noso fogar.
Quero agradecer ao Concello esta oportunidade e tamén a todas as persoas que co seu traballo e dedicación, fan posible que estas festas continúen sendo un símbolo da nosa cidade. Grazas tamén á miña familia, aos meus amigos e amigas, disfrutar estas festas ao seu lado fai que esta experiencia sexa aínda máis especial.
Animo a todos, betanceiros e visitantes, a vivir estas festas con alegría, respecto e emoción, para que xuntos sigamos coidando dunhas tradicións que nos fan excepcionalmente únicos.
Deséxovos as mellores festas do mundo mundial, e logo non?
Feliz San Roque 2026!!!
Acompañantes

Representantes infantís 2026


¡Hola a todos!
¡Qué suerte tengo de ser vuestra representante infantil y de contar con unos acompañantes tan estupendos! Os deseamos un San Roque lleno de alegría, música y momentos mágicos.
¡Muchísimas gracias por vuestro cariño y viva Betanzos!
Acompañantes
