PROGRAMA 2026

Festas de San Roque de Betanzos

Venres, 14 de agosto de 2026

Inicio das festas do San Roque 2026

12:00 h Badaladas e repenique de campás na torre municipal. Salva de vinte e unha bombas de ordenanza que indicará o comezo das festas patronais do San Roque 2026.


Nomeamento da representante das festas

20:15 h A comitiva partirá do edificio Arquivo. Formarán parte desta a Escola Municipal de Folclore e o Grupo Azougue, o grupo de gaitas Os Brigantinos, as Danzas Gremiais Xóvenes do Pobo con danzas de mariñeiros e labradores de maiores, nenas e nenos, a representante das festas e os seus e as súas acompañantes; a pregoeira, que nesta ocasión será a betanceira DOLORES VÁZQUEZ MOSQUERA, medalla á promoción dos valores de igualdade concedida polo Ministerio de Igualdade, a corporación local escoltada pola garda da Policía Local e unha escuadra do rexemento de Betanzos, os alguacís seguidos de personalidades e a Banda Municipal de Música. O percorrido transcorrerá pola rúa Emilio Romay, a estrada de Castela, a Porta da Vila e a rúa do Castro ata chegar á praza da Constitución.

20:30 h Na praza da Constitución, a alcaldesa de Betanzos, María Barral Varela, nomeará á representante das festas do San Roque 2026, a moza betanceira MYRIAM ARNOSO ROCA. Logo terá lugar a lectura do pregón e, a continuación, a alcaldesa disparará o garelazo 2026 e liberaranse as pombas que simbolizan a paz e a liberdade. Unha vez rematado este acto, a alcaldesa e a corporación local ofreceranlle unha recepción a pregoeira das festas, á representante e ás súas e aos seus acompañantes e entregarán as distincións “Garelos 2026” na sala capitular da Casa do Concello. Tras finalizar a recepción, a comitiva sairá para percorrer de novo as rúas da cidade ata chegar ao Edificio Arquivo.


Actuación musical

23:00 h Actuación na praza dos Irmáns García Naveira do grupo

LA BANDA DE AYER

Sábado, 15 de agosto de 2026

A tradición segue o seu camiño…

12:00 h Badaladas e repenique de campás na torre municipal. Salva de vinte e unha bombas de ordenanza.

Alboradas polas rúas de Betanzos a cargo dos Brigantinos.

Competición deportiva

19:00 h No estadio García Irmáns disputarase a LVIII Edición do Trofeo San Roque de Fútbol entre os equipos Betanzos CF e Silva S.D.


Nomeamento da representante infantil das festas

18:30  Saída da comitiva da representante infantil das festas do edificio Arquivo. Formarán parte dela a Escola Municipal de Folclore e o Grupo Azougue, o grupo de gaitas Os Brigantinos, as Danzas Gremiais Xóvenes do Pobo con danzas de mariñeiros e labradores, de maiores, nenas e nenos, a representante infantil das festas, os e as acompañantes desta, a pregoeira, que nesta ocasión será a moza betanceira CARMEN CALVO ARES, a corporación local escoltada pola garda da Policía Local, unha escuadra do rexemento de Betanzos e os alguacís seguidos de personalidades, así como a Banda Municipal de Música. O percorrido transcorrerá pola rúa Emilio Romay, a estrada de Castela, a Porta da Vila, a rúa do Castro e a praza da Constitución.

18:45  A alcaldesa, María Barral Varela, nomeará á representante infantil das festas do San Roque 2026, a nena betanceira IRIS PENA MARTÍNEZ. Deseguida, terá lugar a lectura do pregón infantil das festas. Posteriormente, na sala capitular da Casa do Concello, a alcaldesa e a corporación local ofrecerán unha recepción á pregoeira infantil, á representante infantil das festas e aos e ás acompañantes desta.


Acto relixioso

19:25  Saída da corporación local. As autoridades e as persoas convidadas, acompañadas pola Banda Municipal de Música, dirixiranse á igrexa de Santa María do Azougue, copatroa da cidade, onde terá lugar unha misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Betanzos. Tras finalizar a misa, a comitiva de grupos folclóricos acudirá en procesión cara á igrexa de San Domingos e portará a imaxe de Santa María. Logo, a comitiva volverá de novo á Casa do Concello.


Verbena popular

23:00  Actuación na praza dos Irmáns García Naveira da orquestra:

PANORAMA

Domingo, 16 de agosto de 2026

12:00 Badaladas e repenique de campás na torre municipal. Salva de vinte e unha bombas de ordenanza.

Alboradas polas rúas de Betanzos a cargo dos Brigantinos.


Acto relixioso

19:00 Concentración de conxuntos musicais e artísticos na praza da Constitución para participar no desfile da Función do Voto, que terá lugar na igrexa de San Domingos. A misa solemne será de novo cantada pola Coral Polifónica de Betanzos. A comitiva oficial, presidida pola alcaldesa, partirá da Casa do Concello e formarán parte dela a corporación local, a representante das festas e os seus e as súas acompañantes, a representante infantil das festas e os seus e as súas acompañantes, unha escuadra do rexemento de Betanzos, a Policía Local, maceiros e alguacís, a Banda Municipal de Música de Betanzos, a Escola Municipal de Folclore e o Grupo Azougue con danzas de xastres e zapateiros, o grupo de gaitas Os Brigantinos, mómaros e cabezudos, así como as Danzas Gremiais Xóvenes do Pobo con danzas de mariñeiros e labradores de maiores e nenas e nenos. O percorrido terá lugar pola rúa do Castro, a Porta da Vila e a praza dos Irmáns García Naveira ata chegar á igrexa de San Domingos. Ao remate do acto litúrxico, retornarán á praza da Constitución, onde cada agrupación musical e folclórica ofrecerá un tema do seu repertorio.


Verbena popular

22:30  Actuación musical na praza dos Irmáns García Naveira a cargo do

GRUPO ELEBÉ 2.0


O Globo de San Roque

23:30 A orquestra deixará de soar. Unha bomba de palenque anunciará a saída do Globo de Betanzos desde o cinema Alfonsetti para proceder a inchalo.

Rematado o proceso de preparación e inchado, o aeróstato portador da ledicia e o orgullo de toda a cidadanía betanceira, o Globo de San Roque (o globo de papel máis grande do mundo), atravesará a noite betanceira. A tradición verase cumprida un ano máis.

A continuación terá lugar o encendido da fachada de San Roque e unha sesión de fogos artificiais en honra ao patrón da cidade. Unha vez rematada esta continuará a verbena para celebrar a noite máis grande para todos os betanceiros e betanceiras.


Neste día de previsible afluencia masiva de xente á nosa cidade, a Cruz Vermella e o Concello de Betanzos porán a disposición das persoas asistentes, de xeito gratuíto, un servizo de localización de nenos/as perdidos/as entre as 19:00 h do día 16 e a 22:30 h na praza dos Irmáns García Naveira.

Luns, 17 de agosto de 2026

18:00 a 22:00 Xornada de prezos reducidos nas atraccións. O Concello de Betanzos, en colaboración coas atraccións das festas e para o goce de todas as nenas e os nenos, pon á súa disposición as diferentes atraccións a un prezo máis económico do habitual.


Actuación musical

22:30 Na praza dos Irmáns García Chega a Betanzos o artista galego ROI CASAL co seu espectáculo AMBOS MUNDOS, no que conxuga as súas últimas produccións en EEUU xunto cos seus grande éxitos.

ROI CASAL

Patrocina:

 

 

Martes, 18 de agosto de 2026

I xira fluvial aos Caneiros

Inicio da romaría

12:00 Salva de vinte e unha bombas de ordenanza. Comezo dos embarques no peirao do Paseo da Tolerancia. A Charanga NBA e a Charanga DGT animarán ás romeiras e aos romeiros. No Campo dos Caneiros haberá animación musical a cargo de Dj Sebas e tamén estará a propia Charanga NBA para que a festa sexa completa.

16:30 Saída da embarcación municipal cara ao Campo dos Caneiros coa representante das festas e os seus e as súas acompañantes, así como representantes da Corporación local.

22:30 Ao regreso dos Caneiros haberá unha sesión de fogos pirotécnicos de carácter tanto acuático como aéreo na Ponte Vella.


Verbena popular

23:00 Rematou a romaría mais a festa continúa. A orquestra encargada de amenizar o resto da noite na praza dos Irmáns García Naveira será:

ORIGEN

Mércores, 19 de agosto de 2026

17:00 Festa infantil no auditorio do Pasatempo con inchables por conta da empresa Galiocio.

En caso de mal tempo ou choiva esta festa terá lugar nas pistas anexas ao polideportivo municipal.

COLABORA:


Competición deportiva

19:30 No do estadio do Carregal disputarase o XXII Torneo de Veteranos de Betanzos entre os equipos, Beat Street Iris, Betanzos – Norte e Piadela.


Actuación musical

22:30 Na praza da Constitución actuación do grupo THE CRUZE que fai covers de clásicos do pop/rock, tanto nacional como internacional. U2, Elton John, Bruno Mars, Simple Minds, Chuck Berry, Pink Floyd, Oasis, Roy Orbison, ….e nacionais como Fito y los Fitipaldis, Miguel Ríos, Nacha pop, Loquillo, Hombres G….entre outros.

Xoves, 20 de agosto de 2026

Actividade deportiva

10:30 Xornada de portas abertas de piragüismo, para nenos e nenas de 7 a 14 anos. Será imprescindible que os nenos e nenas saiban nadar. Inscricións na web do Concello.

17:00 Segunda xornada da festa infantil no auditorio do Pasatempo con inchables por conta da empresa Galiocio. Se as condicións climáticas o permiten, esta xornada rematará coa tradicional festa da escuma. Vinde preparados/as! En caso de mal tempo ou choiva, esta festa terá lugar nas pistas anexas ao polideportivo municipal.

COLABORA:


Competición deportiva

17:30 No estadio do Carregal terá lugar O II Triángular de fútbol xuvenil no que participarán os equipos Betanzos CF A, Betanzos C.F B e AD Miño.


Actuación musical

22:30 Na praza dos Irmáns García Naveira actuación da orquestra

LOS SATÉLITES

Venres, 21 de agosto de 2026

Actividades deportivas

10:30 Xornada de portas abertas de piragüismo, para nenos e nenas de 7 a 14 anos. Será imprescindible que os nenos e nenas saiban nadar. Inscricións na web do Concello.

17:00 Festival de Taekwondo no pavillón José María Valeiro Iglesias “Tocayo” do Carregal.


Actuación infantil e familiar

21:00 Na praza da Constitución actuación do MAGO RAFA co seu espectáculo Imposible!? que fará as ledicias non so dos mais pequenos e pequenas da casa senon de toda a familia.

COLABORA:


Actuación musical

22:30 Na praza dos Irmáns García Naveira actuación do grupo OS REVENIDOS que fan unha aposta por temas clásicos versionados en galego e en clave de humor. Festa garantiza.

00:15 Na praza dos Irmáns García Naveira actuación de ORTIGA, referente tanto da reivindicación das músicas latinas como da cultura de verbena en Galicia. Neste ano 2026 continúa a presentar nova música e novos sencillos que formarán parte dun novo álbum que verá a luz a principios de 2027, a vez que seguirá afianzando o formato de directo, que vai acompañado de catro ventos e un corista.

Sábado, 22 de agosto de 2026

Competicións deportivas

12:00 No Paseo da Tolerancia terá lugar a VI Cucaña Betanceira.

16:00 Torneo cidade de Betanzos de Fútbol Sala cos seguintes partidos e horarios:

  • 16.00 Troula Betanzos Grelo Fútbol Sala – Noia Portus Apostoli FS (Categoría xuvenil)
  • 18:00 Reyco Burela Futbol Sala – Noia Portus Apostoli FS “B”
  • 20:00 Troula Betanzos Fútbol Sala – ADC Lugo Sala

19:00 XVI Trofeo de fútbol cidade de Betanzos no estadio García Irmáns entre os equipos Betanzos CF e AD Miño.


Actuación musical

22:30 Na praza dos Irmáns García Naveira actuación do grupo ALGA. O seu repertorio percorre algúns dos nomes mais influintes do indie e o rock en español, con versións de Vetusta Morla, Sidonie, Xoel López, Izal, Los Piratas, Lori Meyers, Viva Suecia, Leiva e Los Enemigos, entre outros.

00:15 Na praza dos Irmáns García Naveira terá lugar unha das actuacións mais orixinais das festas. O musical “MICHAEL LEGEND” , un dos mellores tributos ao Rei do Pop segundo a crítica, ofrecerá a todos os betanceiros e betanceiras así como a todos os e as visitantes un repaso polo repertorio do mítico artista norteamericano xa desaparecido MICHAEL JACKSON.

Domingo, 23 de agosto de 2026

Competicións deportivas

10:30 XXVI Carreira Popular de Betanzos, con carreira de menores, carreira e andaina.

11:00 No estadio do Carregal disputárase o VI Aberto de Billarda de San Roque.


Actuacións musicais

21:00 Na praza dos Irmáns García Naveira turno para a música clásica ao aire libre por conta da JOVEN ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA

Luns, 24 de agosto de 2026

Día de San Paio.

Conxuntos de gaitas e sesión vermú co DJ PEDRO na romaría de Tiobre.


Actuación musical

21:00 Na praza da Constitución festival de música coa participación de diversos grupos (Pila de Merda, Sin City Devils e Fonte de Picachá) e un DJ (Gabín 080), todos eles locais.

 

Martes, 25 de agosto de 2026

II xira fluvial aos Caneiros

Comeza a romaría

12:00 Salva de vinte e unha bombas de ordenanza. Comezo dos embarques no peirao do Paseo da Tolerancia. Animarán ás romeiras e aos romeiros a Charanga NBA e a Charanga DGT. Xa no Campo dos Caneiros, haberá animación musical a cargo de Dj Sebas e tamén estará a propia Charanga NBA para que a festa sexa completa.

16:30 Saída da embarcación municipal cara ao Campo dos Caneiros con representantes das diferentes asociacións betanceiras e personalidades convidadas.

22:30 Ao regreso dos Caneiros, será ofrecida na Ponte Vella unha sesión de fogos pirotécnicos de carácter tanto acuático como aéreo.


Actuación musical

23:00 Rematou a romaría, pero a festa continúa. A orquestra encargada de amenizar o resto da noite na praza dos Irmáns García Naveira será:

PARÍS DE NOIA